Membros do International Cricket Council

Membros do ICC por status:
     Membro de pleno dereito
     Membro asociado con status ODI
     Membro asociado
     Membro antigo ou suspendido
     Non membros

O International Cricket Council (ICC) foi fundado no Lord's de Londres o 15 de xuño de 1909 como a Imperial Cricket Conference (do inglés: Consello Internacional de Crícket) con Australia, Inglaterra e Suráfrica como membros fundadores. Nun comezo, tan só podían unirse membros da Commonwealth. En 1926 uníronse a India, Nova Zelandia e as Indias Occidentais, mentres que Paquistán uniuse en 1953. En 1961 Suráfrica foi obrigada a abandonar a organización polo súa saída da Commonwealth, aínda que continuou a xogar Tests até o seu exilio en 1970.[1]

A Imperial Cricket Conference mudou o seu nome a International Cricket Conference (Conferencia Internacional de Crícket) en 1965, aceptando membros de fora da Commonwealth por vez primeira, sendo os primeiros membros asociados de fóra da mancomunidade os Estados Unidos e Fidxi. En 1981 Sri Lanka foi o primeiro membro asociado en converterse en mombro de pleno dereito. En 1989 o ICC adopta o seu actual nome e en 1991 Suráfrica regresa á Organización. Despois de diversas incorporacións ao organismo, actualmente conta con 106 membros: 12 de plano dereito e 94 asociados.

  1. "South Africa are isolated". Cricinfo (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2018. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search